logo

Libro recomendado

"Guía de voluntariado transformador en ONG de Desenvolvemento"

00_guia_voluntariado_GAL_reducido.jpg

Enxeñería sen Fronteiras (ESF) pon a disposición da súa páxina web a Guía de voluntariado transformador en ONG de Desenvolvemento, un documento elaborada co apoio de Cooperación Galega da Xunta de Galicia.

O que pretende esta Guía é, partindo da experiencia de ESF en traballo baseado no Voluntariado de Desenvolvemento e de defensa dos Dereitos Humanos globais, contar algunhas das claves para promover este tipo de voluntariado cun enfoque de transformación social, de militancia ou activismo.

Dende ESF din: “Somos conscientes do gran descoñecemento que existe na sociedade sobre este tipo de voluntariado (que en xeral, quédase en “voluntariado de cooperación internacional” na súa vertente máis asistencialista ou nas simples “vacacións solidarias”). Non estamos dicindo que haxa actividades do voluntariado que sexan transformadoras e outras utilitaristas. Falamos de enfoque. Unha actividade que podería parecer utilitarista, como poñer carteis anunciando unha actividade, en realidade o é, ou non, dependendo do enfoque que do voluntariado da organización e, tamén, da idea de voluntariado que teña á persoa voluntaria.

Podedes descargar a Guía neste enlace>>>



Coordinadora Galega de ONG para o Deselvolvemento
Rúa dos Basquiños, 33 1º A, Santiago de Compostela | Tlf: 981585189 | sensibilizacion@galiciasolidaria.org

Reconocimiento - CompartirIgual (by-sa)

Os contidos de esta web están baixo unha licenza Creative Commons se non se indica o contrario