![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
Médicos do Mundo denuncia a que sería a primeira morte en España por negar asistencia sanitaria a un inmigrante que non tiña “papeis”. Alpha Pam tiña 28 anos, morreu na súa casa o pasado 21 de abril, en Mallorca, de tuberculose. Unha enfermidade infecciosa moi fácil de detectar e tratar.

Francesc Mateu, como presidente da Federación Catalá de ONG pola Paz, o Desenvolvemento e os Dereitos Humanos pediu o pasado xoves, ao final do Consello de Cooperación, o órgano consultivo da Generalitat de Cataluña para estes temas, a dimisión de Carles Llorens pola falta de diálogo e solucións reais para o sector. As ONG de Cooperación, Paz e Dereitos Humanos insisten nas súas demandas, que non son exclusivamente de orde económica, e seguen sen renunciar á vía xudicial.

As ONGD da Coordinadora celebran os días 7 e 11 de maio o Día mundial do comercio xusto en cinco cidades galegas
Como o ano anterior, as ONGD da Comisión de Comercio Xusto da Coordinadora organizan unha xornada na que tamén participarán artesás, cooperativa de produtoras, de consumo responsable e de banca ética.
Un novo estudo de Nacións Unidas revelou que 258.000 persoas, 133.000 delas nenos e nenas menores de cinco anos, morreron por mor da severa crise de fame que afectou a Somalia entre outubro de 2010 e abril de 2012. Os datos arroxados pola investigación, comisionada pola FAO e a Unidade de Análise de Nutrición para Somalia, superaron a cifra de vítimas somalís do fame en 1992, estimada en 220.000. O peor momento desta crise de fame ocorreu de maio a agosto de 2011, cando faleceron unhas 30.000 persoas por mes.

Panxea, A Cova da Terra, Sodepaz, Xarxa de Consum Solidari, Sindicato Labrego Galego, a Marcha Mundial das Mulleres e a Coordinadora Galega de ONGD organizan as Xornadas sobre "Consumo Sostible e Xénero". Esta semana celébrase a segunda sesión.
A ONGD Assemblea de Cooperación pola Paz (ACPP) leva colaborando coa Mostra Internacional de Teatro Universitario desde o ano 2005. Ao longo deste tempo promoveu a visita de compañías de Palestina, El Salvador, Honduras, Nicaragua, Costa Rica e Guinea Bissau. Na edición deste ano, quixo presentar a realidade de Tunisia achegando o traballo do grupo FANNI RAGHMAN ANNI - MON ART MALGRÉ MOI para falar sobre a “primavera árabe”.
Curso online Fondos da UE. Como acceder? (Nivel básico)
A Coordinadora de ONGD de Galicia e a Coordinadora de ONG para o Desenvolvemento-España organizan un curso online de acceso a fondos da UE do 19 de xuño ao 10 de xullo de 2013. O curso conta apoio da Obra Social “La Caixa”, e o seu obxectivo é transmitir información sobre temas tan relevantes como os instrumentos europeos de financiamento da cooperación ao desenvolvemento e como acceder a eles; os requisitos para beneficiarse das subvencións europeas e a xestión dos fondos obtidos.O curso será de balde pero ten límite de prazas, xa está aberto o prazo de inscrición.

A Coordinadora organiza os días 7 e 8 de xuño un obradoiro de sistematización, unha metodoloxía de avaliación que permete aprender das nosas experiencias. Será o venres pola tarde e o sábado, todo o día.
Celebrada a Asemblea Xeral Ordinaria da Coordinadora Galega de ONGD
A Coordinadora Galega de ONGD celebrou este sábado, día 4 de maio, a Asemblea Xearl Ordinaria do ano 2013.
A ONGD Miradas al Mundo entrou a formar parte da Coordinadora
A Coordinadora presenta o Laboratorio Social de Galicia nun curso de comunicació de guerrilla
A Coordinadora Galega de ONGD participou o xoves pasado nun curso de comunicación xunto a PAH, Greenpeace e Periódico Diagonal, presentando o traballo desenvolvido no marco do Laboratorio Social de Galicia.

A Coordinadora Galega supera os indicadores de transparencia e bo goberno.
Coordinadora someteuse e superou ao longo do ano 2012 unha autoavaliación en base aos "Indicadores de Transparencia e bo goberno".

A presidenta da Coordinadora, Gema Filgueira, reuniuse esta pasada fin de semana con ONGD e outras Coordinadoras Autonómicas en Madrid, no marco das xuntanzas convocadas pola Coordinadora Estatal de ONGD.

01/05/2013 - 31/05/2013 Mes das ONGD en Panxea. Descontos en productos de comercio xusto.
23/04/2013 - 13/05/2013 Xornadas sobre "Consumo Sostible e Xénero"
12/04/2013 - 15/05/2013 Aberta a inscrición para as Viaxes Solidarias de Sodepaz
15/03/2013 - 15/05/2013 III Concurso Fotográfico Cidadanía Inclusiva: Pobreza e Exclusión Social en Galicia (EAPN)
17/05/2013 - 08/06/2013 Aberta matrícula para o Obradoiro de Cooperación ao Desenvolvemento (Panxea)
"El kit de la lucha en internet"
Biblioteca da Coordinadora
Documentos on line 
Coordinadora Galega de ONG para o Deselvolvemento
Rúa dos Basquiños, 33 1º A, Santiago de Compostela | Tlf: 981585189 | sensibilizacion@galiciasolidaria.org

![]()
Os contidos de esta web están baixo unha licenza Creative Commons se non se indica o contrario