logo

FORMACIÓNS


Aberta a inscrición "Universidade e axentes de cooperación. A experiencia do LaboraTe no desenvolvemento territorial"

17/04/2018 - 26/04/2018

LaboraTe, un grupo de investigación en xestión territorial da USC que ven impulsando proxectos desde hai máis de 15 anos en cooperación para o desenvolvemento, en especial en Ecuador, organiza o xoves, 26 de abril, unha xornada sobre cooperación para o desenvolvemento no IDEGA.

Aproveitando a visita de varios membros de RIGTIG de Ecuador, rede que naceu no marco dun proxecto de LaboraTe, poñerase en perspectiva e en común o traballo feito estes anos para tratar de mellorar as accións de cooperación no futuro.

Un dos temas centrais que se tratará é a relación da universidade con outros actores predominantes de cooperación. Cales son os principais problemas aos que nos enfrontamos en cooperación? Cales son as metas comúns? Cales son as formas de colaboración posibles entre a universidade e eses actores? Estas son algunhas das preguntas nas que nos gustaría afondar ao longo da xornada.

Neste enlace>>> atoparedes o programa.

Página anterior

Coordinadora Galega de ONG para o Deselvolvemento
Rúa dos Basquiños, 33 1º A, Santiago de Compostela | Tlf: 981585189 | sensibilizacion@galiciasolidaria.org

Reconocimiento - CompartirIgual (by-sa)

Os contidos de esta web están baixo unha licenza Creative Commons se non se indica o contrario