logo

FORMACIÓNS


Aberta a inscrición do Seminario "Patentes, medicamentos e acceso á saúde: existe igualdade de xénero?" (Farmamundi)

16/02/2018 - 25/02/2018 Farmamundi - Galicia

Farmamundi celebra entre o 26 e 28 de febreiro o seminario “Patentes, medicamentos e acceso á saúde: Existe igualdade de xénero?” que terá lugar no Salón de Graos da Facultade de Farmacia da Universidade de Santiago de Compostela. A formación, gratuíta e con horario de tardes, está financiada pola Xunta de Galicia e conta co apoio da Escola PeriFéricas.

O seminario centra a mirada na desigualdade de xénero no eido da saúde, nas súas causas e consecuencias e na dificultade das mulleres para acceder a medicamentos, insumos e asistencia sanitaria, principalmente. “A través de exemplos concretos, coma o traballo de Farmamundi en saúde materna en Guatemala e a experiencia de máis dunha década de atención médica e psicolóxica con mulleres sobrevivintes de violencia sexual e persoas que viven con VIH, explicamos e reivindicamos a importancia de defender e promocionar a igualdade de xénero no acceso á saúde en calquera parte do mundo”, afirma a Delegada de Farmamundi en Galicia, Beatriz Villarquide. Como colofón, a formación pecharase coa experiencia de Amanda Martínez, farmacéutica e ex cooperante de Farmamundi na RD Congo e e proxectarase o documental, 'Temps d,Ecoute', no que se aborda a loita das mulleres congolesas sobre o acceso á saúde.

Neste enlace>>> atoparedes o programa completo.

 

Página anterior

Coordinadora Galega de ONG para o Deselvolvemento
Rúa dos Basquiños, 33 1º A, Santiago de Compostela | Tlf: 981585189 | sensibilizacion@galiciasolidaria.org

Reconocimiento - CompartirIgual (by-sa)

Os contidos de esta web están baixo unha licenza Creative Commons se non se indica o contrario