logo

FORMACIÓNS


Aberta a inscrición ao VIII Seminario de Xornalismo Social e Cooperaicón Internacional de AGARESO

09/02/2018 - 28/02/2018 AGARESO - Asociación Galega de Reporteiros Solidarios

AGARESO abriu a inscrición para o VIII Seminario de Xornalismo Social e Cooperación Internacional que se celebrará do 7 de marzo ao 16 de maio na Facultade de Facultade de Ciencias da Comunicación - USC. A formación contará, entre outros contidos interesantes, cos relatorios de fotógrafos como Pepe Lamarca e Mingo Venero e de reporteir@s como Nacho Carretero e Lucía Mbomío. Dúas das persoas participantes poderán, ademáis, completar a súa formación cunha viaxe de campo a Marrocos. Se es estudantes ou profesionais do sector da comunicación, anímate! Aprenderás as bases da cooperación e da comunicación para o desenvolvemento; boas prácticas informativas; claves para o tratamento respectuoso dos colectivos en risco de exclusión e claves para a elaboración de discursos alternativos en torno aos países do Sur.

O curso celebrarase entre o 7 de marzo de o 16 de maio. A formación, cunha duración de corenta horas lectivas, impartirase os mércores entre as 16 e as 20 horas na Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela, que colabora con esta iniciativa que conta tamén co apoio da Xunta de Galicia. A inscrición está xa aberta ata o 28 de febreiro por e ten un custo de 100 €.

Para máis información>>>

Página anterior

Coordinadora Galega de ONG para o Deselvolvemento
Rúa dos Basquiños, 33 1º A, Santiago de Compostela | Tlf: 981585189 | sensibilizacion@galiciasolidaria.org

Reconocimiento - CompartirIgual (by-sa)

Os contidos de esta web están baixo unha licenza Creative Commons se non se indica o contrario