logo

FORMACIÓNS


Aberta a inscrición do curso “Estratexia e comunicación das ONG na incidencia política”

25/08/2017 - 14/09/2017

O 19 de setembro, a Coordinadora Galega de ONGD organiza o curso “Estratexia e comunicación das ONG na incidencia política”.

Un dos resultados esperados no actual Plan Estratéxico 2017-2020 da Coordinadora é mellorar as capacidades das ONGD socias nos procesos de incidencia política. O obxectivo principal do curso será mellorar a estratexia e comunicación nas accións de incidencia política que as organizacións da sociedade civil poñemos en marcha. Neste enlace>>> atoparedes o programa.

A formación estará dinamizada por Pau Vidal, consultor experto en procesos de incidencia política. Será en formato intensivo (8 horas de actividade en aula, desenvolvida ao longo dun día de traballo en sesión de mañá e tarde) e terá lugar na Escola Galega de Administracións Públicas, en Compostela (rúa Madrid 1-3).

O prazo para matricularse remata o día 14 de setembro (incluído). Neste enlace>>> podedes acceder ao formulario de inscrición.

Página anterior

E-BOLETíN

ACTIVIDADES DA SEMANA

BIBLIOTECA

Biblioteca da Coordinadora Biblioteca Documentos on line Documentos

 

FORMAMOS PARTE DE

Solidaria


Fiare


coop57 galicia


pobreza cero


coordinadora


QUIEN DEBEA QUIEN





Coordinadora Galega de ONG para o Deselvolvemento
Rúa dos Basquiños, 33 1º A, Santiago de Compostela | Tlf: 981585189 | sensibilizacion@galiciasolidaria.org

Reconocimiento - CompartirIgual (by-sa)

Os contidos de esta web están baixo unha licenza Creative Commons se non se indica o contrario