logo

FORMACIÓNS


Aberta a inscrición para a formación especializada en financiamento comunitario (TecEuropa) da Fundación Galicia Europa

31/07/2017 - 18/08/2017

A Fundación Galicia Europa (FGE) convoca dúas novas edicións, de 20 prazas cada unha, do programa de especialización en materia de financiamento comunitario (TecEuropa) que está dirixido ao persoal das entidades galegas interesadas en participar en proxectos europeos.

Trátase de 20 prazas para cada unha das dúas edicións en réxime de concorrencia competitiva no marco do programa TecEuropa que consistirá nunha semana de formación en Bruxelas e dous días de formación práctica en Santiago de Compostela. Serán uns 40 novos profesionais galegos do sector público e privado e do terceiro sector os que se formen en dúas edicións de TecEuropa en 2017, que desde a súa creación en 2015 ten por obxectivo formar técnicos especializados na presentación e xestións de proxectos europeos, consolidar redes de especialistas neste campo e atraer financiamento para iniciativas galegas.

O programa consta, por tanto, de dous partes. A primeira, que terá lugar na oficina da Fundación Galicia Europa en Bruxelas, consiste nunha semana de formación sobre a realidade político-institucional da UE, o marco financeiro orzamentario 2014-2020 e os programas de financiamento existentes, todo isto complementado con visitas ás institucións europeas. Pola súa banda, durante os dous días de formación en Compostela abordaranse os aspectos prácticos para acceder e xestionar os fondos comunitarios.

Reservarase un mínimo de dez das 20 prazas existentes de cada edición para o persoal vinculado con algunha das entidades membros do padroado da FGE. De non cubrirse as prazas reservadas, acumularanse aos restantes grupos sinalados no punto 3 da convocatoria.

O prazo para presentar ás candidaturas remata o 18 de agosto.

Neste enlace>>> atoparedes toda a información.



Página anterior

E-BOLETíN

ACTIVIDADES DA SEMANA

BIBLIOTECA

Biblioteca da Coordinadora Biblioteca Documentos on line Documentos

 

FORMAMOS PARTE DE

Solidaria


Fiare


coop57 galicia


pobreza cero


coordinadora


QUIEN DEBEA QUIEN





Coordinadora Galega de ONG para o Deselvolvemento
Rúa dos Basquiños, 33 1º A, Santiago de Compostela | Tlf: 981585189 | sensibilizacion@galiciasolidaria.org

Reconocimiento - CompartirIgual (by-sa)

Os contidos de esta web están baixo unha licenza Creative Commons se non se indica o contrario