logo

FORMACIÓNS


Aberta a inscrición do curso "A igualdade de xénero na Axenda de Desenvolvemento"

12/06/2017 - 06/09/2017 Enxeñería Sen Fronteiras

A Universidade da Coruña, co apoio de Enxeñería sen Fronteiras, organizan do 11 ao 14 de setembro o curso “A igualdade de xénero na Axenda de Desenvolvemento”. Dentro das temáticas que se tratarán farase especial fincapé na relación entre a igualdade de xénero e unha visión crítica da economía a nivel global. Tamén se tratarán cuestións metodolóxicas prácticas como a realización de indicadores para medir o impacto de xénero nos proxectos de cooperación, a importancia da comunicación estratéxica e nas redes sociais para impulsar unha maior sensibilización cara a unha sociedade máis xusta a nivel global, e da importancia do co-desenvolvemento en relación cos procesos migratorios. Por último, mostraranse de experiencias de cooperación feitas desde Galicia nas que se traballa con enfoques feministas. Neste última mesa participará a Coordinadora Galega de ONGD achegando unha visión histórica sobre o traballo con enfoque de xénero das ONGD.

Neste enlace>>> atoparedes o programa

Para máis información e matrículas>>>

Página anterior

Coordinadora Galega de ONG para o Deselvolvemento
Rúa dos Basquiños, 33 1º A, Santiago de Compostela | Tlf: 981585189 | sensibilizacion@galiciasolidaria.org

Reconocimiento - CompartirIgual (by-sa)

Os contidos de esta web están baixo unha licenza Creative Commons se non se indica o contrario