logo

FORMACIÓNS


Aberta a inscrición do curso de verán da USC “Os Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable: a erradicación da pobreza e a fame no horizonte 2030”

15/05/2017 - 02/06/2017

Do 13 ao 15 de xuño terá lugar o curso “Os Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable: a erradicación da pobreza e a fame no horizonte 2030”, organizado por Mans Unidas e a USC.

Este curso pretende axudar a coñecer e comprender a Axenda 2030 dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable (ODS) a partir dun enfoque interdisciplinar; reflexionar sobre as múltiples dimensións das desigualdades, da pobreza e da fame; afondar no coñecemento do papel da cooperación internacional para o desenvolvemento na diminución de desigualdades, da pobreza e da fame; así como sensibilizar á sociedade civil sobre as consecuencias do actual sistema produtivo e de consumo e as súas posibles alternativas de solución.

Neste enlace>> atoparedes o programa.

Neste outro enlace>>> podedes facer efectiva a vosa inscrición.

 

Página anterior

Coordinadora Galega de ONG para o Deselvolvemento
Rúa dos Basquiños, 33 1º A, Santiago de Compostela | Tlf: 981585189 | sensibilizacion@galiciasolidaria.org

Reconocimiento - CompartirIgual (by-sa)

Os contidos de esta web están baixo unha licenza Creative Commons se non se indica o contrario