logo

FORMACIÓNS


Aberta a inscrición para o seminario “Os retos da cooperación municipalista na consecución dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible”

15/05/2017 - 30/05/2017

No marco do plan de actividades do Fondo Galego para este 2017, o vindeiro 31 de maio terá lugar o seminario “Os retos da cooperación municipalista na consecución dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible”, na EGAP, de 9:30 a 14:30h.
Neste seminario subliñarase o papel clave que teñen os municipios para acadar ditos obxectivos, aprobados a finais do 2015 polos estados membros da ONU e que teñen como propósito ser acadados en 2030. Estas metas buscan erradicar a pobreza, protexer o planeta e asegurar a prosperidade para todas as persoas, uns ambiciosos propósitos nos que os gobernos locais teñen moito que dicir. É por iso que o Fondo Galego, integrado por 89 concellos e tres deputacións, organice unhas xornadas para informar sobre esta axenda internacional.

Unha delegación ministerial de Guinea-Bissau asistirá ao evento, que contará coa intervención de persoas expertas de Nacións Unidas, do Instituto Hegoa e do País Valerncià.

O seminario vai dirixido ao persoal político e técnico das administracións locais de Galicia, a outros axentes de cooperación, nomeadamente as ONGD, aínda que tamén á cidadanía en xeral que teña interese na temática.

A inscrición é de balde e debe formalizarse no enderezo electrónico acorzo@igadi.org ou no teléfono 986 843 436, indicando nome e apelidos e DNI.

Este o o programa do seminario:

Página anterior

Coordinadora Galega de ONG para o Deselvolvemento
Rúa dos Basquiños, 33 1º A, Santiago de Compostela | Tlf: 981585189 | sensibilizacion@galiciasolidaria.org

Reconocimiento - CompartirIgual (by-sa)

Os contidos de esta web están baixo unha licenza Creative Commons se non se indica o contrario