logo

COMO INTEGRARSE?

Condicións previas

Requisitos para a integración dunha ONGD na Coordinadora Galega de ONGD: 

  • Estar legalmente constituída.
  • Non ter dependencia orgánica de calquera administración pública, grupo empresarial ou doutra entidade pública ou privada.
  • Non ter fins lucrativos.
  • Ter como un dos seus principais obxectivos a cooperación para o desenvolvemento.
  • Ter sede ou delegación permanente en Galicia e estar inscrita no Rexistro Galego de Axentes de Cooperación para o Desenvolvemento, sección ONGD, cun mínimo de dous anos de antigüidade no momento de presentar a solicitude.
  • Ser unha organización estable cun grao mínimo de estrutura.
  • Ter respaldo e presenza social en Galicia.
  • Ser transparente nas súas prácticas en no seu funcionamento.
  • Cumprir o Código de Conduta da Coordinadora.

Procedemento de ingreso

A entrada dunha nova organización requirira unha solicitude formal por escrito da persoa representante da organización interesada, dirixida á Presidencia da Coordinadora, antes do 31 de xaneiro do ano en curso acompañada da documentación  detallada no apartado seguinte.

Unha vez enviada, toda a documentación será revisada pola Secretaría Técnica. Revisada a documentación poden darse varios casos que a Secretaría Técnica verificará e comunicará ás partes interesadas:

  • Que todo está correcto.
  • Que algunha documentación é incorrecta ou está incompleta, caso no que será solicitada a súa corrección.
  • Que a organización non cumpre algún dos requisitos esixidos para pertencer á Coordinadora.

A organización solicitante deberá reparar os erros e deficiencias notificadas nun prazo máximo de 20 días naturais desde que lle foran comunicados.

Para poder incluír a solicitude de entrada dunha nova organización na orde do día da Asemblea da Coordinadora Galega de ONGD a organización debe cumprir cos requisitos esixidos e toda a documentación solicitada ten que estar en posesión da Coordinadora antes da convocatoria da Asemblea por parte da Presidencia.

Convocarase ás organizacións que cumpran os requisitos esixidos e que tivesen enviada toda a documentación, a unha entrevista coa Xunta Directiva. A entrevista terá por obxecto detallar ou matizar informacións en base á propia documentación presentada.

Trámite asembleario de ingreso

Para poder tratar na Asemblea Xeral a solicitude de entrada e podela someter a votación, cómpre que a persoa representante da organización solicitante asista á reunión, na que participará como convidada, previa aceptación das persoas asistentes ao inicio da Asemblea. No caso de que non asista, a solicitude de entrada non será tratada.

A persoa representante da organización que solicita a entrada fará unha breve presentación da entidade, e responderá ás preguntas que poidan formular as persoas asistentes á Asemblea.

Logo da presentación, a persoa representante da organización solicitante ausentarase e sairá da sala onde se celebre a Asemblea, para que poida existir o debate e a posterior votación.

As votacións realizaranse de modo secreto, por escrito, e nunca a man alzada, para asegurar un voto libre e non influído. As papeletas de votación, que estarán previamente preparadas, serán incorporadas á acta.

A solicitude deberá ser aprobada por maioría absoluta das organizacións asociadas asistentes. Para iso, a Secretaría fará un reconto previo de organizacións asistentes con dereito a voto.

Efectos xurídicos:

As organizacións que reciban a aprobación da súa entrada na Coordinadora adquirirán, desde o día seguinte á Asemblea, a condición de organizacións asociadas de pleno dereito.

Pagamento das cotas:

Nos días posteriores á aprobación de ingreso na CGONGD, a organización cursará escrito á Tesouraría da Coordinadora de domiciliación bancaria das cotas da Coordinadora.

Dereitos e obrigas das organizacións asociadas

Dereitos:

  • Intervir no goberno e na xestión, así coma nos servizos e actividades da Coordinadora, de acordo coas normas legais e estatutarias e o presente Regulamento.
  • Asistir á Asemblea Xeral e a cantas reunións organice a Coordinadora, con voz e voto.
  • Elixir e ser elixidas para postos de representación ou exercicio de cargos directivos.
  • Solicitar e obter explicacións sobre a administración e xestión da Xunta Directiva.
  • Recibir información sobre as actividades da Coordinadora.
  • Formar parte das comisións e grupos de traballo.
  • Recibir un exemplar actualizado dos Estatutos da Coordinadora e do Regulamento
  • de Réxime Interno e demais documentos normativos.
  • Recibir orientación sobre trámites administrativos e legais, previa petición por escrito.

Obrigas:

  • Aceptar explicitamente e por escrito os Estatutos da Coordinadora e o Regulamento de Réxime Interno.
  • Axustar a súa actuación ás normas estatutarias.
  • Cumprir os acordos da Asemblea Xeral e das reunións de traballo, así coma as normas que estableza a Xunta Directiva para levar a cabo estes acordos.
  • Satisfacer oportunamente as cotas que se establezan.
  • Participar nas reunións e actividades da Coordinadora ás que foran debidamente
  • convocadas.
  • Formar parte como mínimo dunha Comisión ou Grupo de Traballo.
  • Cumprir o Código de Conduta.

 

Perda da condición de organización asociada da Coordinadora

As causas serán as seguintes:

  • A propia vontade, debidamente comunicada.
  • Non satisfacer as cotas fixadas durante dous anos .
  • Ausencia reiterada (tres veces consecutivas) ás Asembleas convocadas pola Coordinadora.
  • Ser declarada ilegal ou disolta por sentenza xudicial firme.
  • Actuación pública contraria aos fins da Coordinadora ou ao Código de Conduta, previo dictame da Xunta Directiva e audiencia da organización afectada.

A perda da condición de organización asociada será declarada pola Asemblea Xeral. Nos supostos indicados nos apartados a) e d) a Asemblea Xeral quedará informada. Nos restantes supostos a Asemblea ratificará se procede, as propostas e decisións emanadas da Xunta Directiva.

A baixa como asociada non eximirá das obrigas contraídas.

Documentación a presentar

  • Estatutos da organización debidamente legalizados (copia compulsada).
  • Certificación do acordo do órgano competente (segundo os propios estatutos) polo que se decide solicitar o ingreso na “Coordinadora Galega de ONGD”
  • Certificación do acordo de nomeamento dunha persoa representante diante da Coordinadora. 
  • Copia da resolución de inscrición no Rexistro Galego de Axentes de Cooperación para o Desenvolvemento, sección ONGD. 
  • Certificación da composición e data de nomeamento da xunta directiva ou padroádego da ONGD solicitante. No caso de se tratar da delegación dunha entidade de ámbito estatal, certificación de nomeamento da persoa que ostente a representación en Galicia.
  • Certificación do acordo do órgano interno competente polo que se faga constar:
    • O coñecemento e aceptación dos Estatutos e do Regulamento da Coordinadora.
    • O coñecemento e aceptación do Código de Conduta da Coordinadora.
    • O compromiso de asistencia e participación nas reunións da Coordinadora.
  • Breve informe (2-3 páxinas) cos datos básicos da entidade:
    • Fins, obxectivos e áreas de traballo da organización.
    • Enderezo social en Galicia, teléfono e correo electrónico.
    • Persoal laboral ou voluntario co que conta en Galicia.
    • Número de persoas asociadas en Galicia e distribución das mesma
    • Memoria ou proxecto de actividades en Galicia.
  • Copia do CIF e certificación de conta bancaria onde domiciliar os recibos da Coordinadora. 
  • Orzamento anual de ingresos e gastos do exercicio precedente e liquidación do exercicio anterior. 
  • Outra documentación: breve dossier de prensa en Galicia, etc. 
  • Ficha resumen proporcionada pola Coordinadora, cos datos básicos da entidade para poder enviarlla ás organizacións membro coa orde do día e a convocatoria da Asemblea.

Descarga dos estatutos

Estatutos Descarga dos estatutos (pdf)

The dial of high quality Audemars Piguet City Of Sails Replica Watch differs It offers mind to produce - Pool, Chinese ceramics, as well as the chance the watch itself might not be entirely designer replica tag heuer classic omega replica watches swiss movement iwc replica kosher - have confidence, it's I am unsure I'd choose this color combination. Basically was given anything connected using the appearance. Still, it stays out, I guess.

<< volver

E-BOLETíN

ACTIVIDADES DA SEMANA

BIBLIOTECA

Biblioteca da Coordinadora Biblioteca Documentos on line Documentos

 

FORMAMOS PARTE DE

Solidaria


Fiare


coop57 galicia


pobreza cero


coordinadora


QUIEN DEBEA QUIEN





Coordinadora Galega de ONG para o Deselvolvemento
Rúa dos Basquiños, 33 1º A, Santiago de Compostela | Tlf: 981585189 | sensibilizacion@galiciasolidaria.org

Reconocimiento - CompartirIgual (by-sa)

Os contidos de esta web están baixo unha licenza Creative Commons se non se indica o contrario