logo

COMISIÓN DE INCIDENCIA

A Comisión de Incidencia Política creouse o 17 de setembro de 2008, e foi ratificada pola Asemblea Xeral Extraordinaria de Febreiro de 2009. A idea de constituír unha comisión de incidencia xorde do Encontro Buscando Sinerxías, organizado para a Planificación Estratéxica da Coordinadora, ao entender as ONGD integradas que a Incidencia Política debía ser un ámbito prioritario de acción da CGONGD.

Obxetivos da Comisión

A misión principal desta Comisión non é outra que incrementar o grao de compromiso das institucións públicas galegas coa cooperación ao desenvolvemento. A tal efecto, márcase como obxectivos de acción os seguintes: •Mellorar a comprensión e sensibilización das ONGD integradas na CGONGD sobre a importancia das accións de incidencia de cara á consecución dos fins en todas elas. •Mellorar o coñecemento das/os representantes políticas/os galegas/os sobre a pobreza, as súas causas e consecuencias e sobre as demandas da Coordinadora Galega de ONGD. •Mellorar o compromiso dos partidos políticos galegos na loita contra a pobreza. •Xerar espazos de debate e consulta institucional sobre as políticas de cooperación internacional galegas.

¿Quén a integra?

AGARESO, Amigos da Terra, Asemblea de Cooperación Pola Paz, Educación sen Fronteiras, Entreculturas, Enxeñeiría sen Fronterias, Mans Unidas e a Secretaría Técnica da Coordinadora

<< volver

Coordinadora Galega de ONG para o Deselvolvemento
Rúa dos Basquiños, 33 1º A, Santiago de Compostela | Tlf: 981585189 | sensibilizacion@galiciasolidaria.org

Reconocimiento - CompartirIgual (by-sa)

Os contidos de esta web están baixo unha licenza Creative Commons se non se indica o contrario