logo

COMISIÓN DE COMERCIO XUSTO

A Comisión de Comercio Xusto e Consumo Responsable, foi a primeira en ser constituída e comezou a traballar no ano 2006. A misión desta comisión baséase en dous principios básicos: •Mellorar o grao de información, formación e compromiso da sociedade e autoridades da administración pública galega (sobre todo as que teñen decisión sobre o proceso de compra pública ética), no ámbito do Consumo Responsable e o Comercio Xusto, •Mellorar e aumentar a dispoñibilidade (oferta) e accesibilidade ao Comercio Xusto por parte das familias e consumidoras/es en Galicia.

Obxetivos da Comisión

Co desexo de crear unha coordinación, cunha base sólida, dentro do Comercio Xusto de Galicia, de formar unha plataforma de sensibilización do Comercio Xusto ante a cidadanía e as institucións e de crear unha rede de comunicación, a Comisión traballa arredor de tres obxectivos: •Difusión, sensibilización e educación sobre Comercio Xusto e Consumo Responsable entre a sociedade galega e as propias ONGD da CGONGD para a súa efectiva transversalización •Incidencia política sobre CX e CR diante das institucións públicas galegas para que adopten un modelo de Compra Pública Ética e Sostible. •Formación Interna: Difusión e elaboración de estudos, formación interna e debates.

¿Quén a integra?

A Cova da Terra, Intermón Oxfam, Labañou Solidaria, Panxea, Solidariedade Internacional de Galicia e Taller de Solidariedade

 

<< volver

E-BOLETíN

ACTIVIDADES DA SEMANA

BIBLIOTECA

Biblioteca da Coordinadora Biblioteca Documentos on line Documentos

 

FORMAMOS PARTE DE

Solidaria


Fiare


coop57 galicia


pobreza cero


coordinadora


QUIEN DEBEA QUIEN





Coordinadora Galega de ONG para o Deselvolvemento
Rúa dos Basquiños, 33 1º A, Santiago de Compostela | Tlf: 981585189 | sensibilizacion@galiciasolidaria.org

Reconocimiento - CompartirIgual (by-sa)

Os contidos de esta web están baixo unha licenza Creative Commons se non se indica o contrario