logo

AXENDA SOLIDARIA


Acampa pola Paz e o Dereito a Refuxio - A Coruña

14/06/2018 - 16/06/2018

ACAMPA POLA PAZ E O DEREITO A REFUXIO é unha iniciativa cidadá sen fins de lucro que pretende crear un movemento participativo e de colaboración entre organizacións e persoas comprometidas do 14 ao 16 de xuño nos xardíns de Méndez Núñez de Coruña.

Neste segundo ano de vida de Acampa pola paz e o dereito a refuxio, afondarase nunha cuestión grave, urxente e non recoñecida por ningún Goberno: o dereito a refuxio por cambio climático. Neste enlace>>> atoparedes o programa e toda a información

Segundo os informes da ONU, nos próximos trinta anos o número de persoas que van necesitar refuxio por cambio climático pode oscilar entre 250 e 1000 millóns. A maioría desprazaranse no seu propio territorio e unhas poucos, as que teñan máis recursos, poderán intentar cambiar de país.

A gran maioría de organizacións e persoas que conforman a Rede Acampa actúan día a día sobre o terreo e saben moi ben do que están a falar.

Página anterior

Coordinadora Galega de ONG para o Deselvolvemento
Rúa dos Basquiños, 33 1º A, Santiago de Compostela | Tlf: 981585189 | sensibilizacion@galiciasolidaria.org

Reconocimiento - CompartirIgual (by-sa)

Os contidos de esta web están baixo unha licenza Creative Commons se non se indica o contrario