logo

AXENDA SOLIDARIA


Exposición fotográfica Tecedoras do cambio. Historias de lideresas comunitarias que loitan por unha vida digna en América Latina, África e Asia

29/05/2018 - 24/07/2018

O Museo do Pobo Galego acolle a exposición fotográfica Tecedoras do cambio. Historias de lideresas comunitarias que loitan por unha vida digna en América Latina, África e Asia. Unha exposición composta por 23 fotografías de mulleres de 14 países imprescindibles para o desenvolvemento das súas comunidades: labregas, pescadoras, defensoras de dereitos, promotoras de saúde, activistas, mariscadoras... Mulleres que, xunto a organizacións dos seus países, están a traballar, man a man, con ONGD galegas. A exposición estará aberta ata o 24 de xullo.



Página anterior

Coordinadora Galega de ONG para o Deselvolvemento
Rúa dos Basquiños, 33 1º A, Santiago de Compostela | Tlf: 981585189 | sensibilizacion@galiciasolidaria.org

Reconocimiento - CompartirIgual (by-sa)

Os contidos de esta web están baixo unha licenza Creative Commons se non se indica o contrario