logo

AXENDA SOLIDARIA


Participa nas actividades de Compostela + Solidaria!

25/05/2018 - 15/06/2018

O concello de Santiago e a Coordinadora Galega de ONGD poñen en marcha a terceira edición de Compostela + Solidaria, un programa de sensibilización que se levará a cabo do 25 de maio ao 15 de xuño en distintos espazos da cidade.

Ao longo de 20 días hai programados obradoiros, charlas, xogos, exposicións, proxeccións e unha Feira Solidaria coa que a cidadanía compostelá terá a oportunidade de coñecer de que forma pode 'mudar o mundo' dende o seu día a día. Tamén, de divertirse e coñecer a realidade dos países empobrecidos, o traballo das ONGD galegas e as alternativas solidarias e xustas que, dende o ámbito local, contribúen a cambiar a realidade global. Neste enlace>>> atoparedes o programa con todas as actividades. Esperámosvos!


Página anterior

Coordinadora Galega de ONG para o Deselvolvemento
Rúa dos Basquiños, 33 1º A, Santiago de Compostela | Tlf: 981585189 | sensibilizacion@galiciasolidaria.org

Reconocimiento - CompartirIgual (by-sa)

Os contidos de esta web están baixo unha licenza Creative Commons se non se indica o contrario