logo

AXENDA SOLIDARIA


Feira Solidaria na Praza Roxa de Compostela

15/06/2018 - 15/06/2018

O 15 de xuño pecharemos o Compostela + Solidaria cunha Feira Solidaria na Praza Roxa da cidade. Será en horario de 17 a 21:30 horas e, ao longo de toda a tarde, haberá programadas actividades para todas as idades: obradoiros de reparación de roupa, para coñecer de que están feitos os computadores; un programa de radio en directo; xogos do mundo; un obradoiro de ritmos coa batukada feminista Tamborililás (espazo só para mulleres); unha acción de rúa contra a xitanofobia...

Tamén haberá postos de venda de produtos de comercio xusto e de información das ONGD e colectivos presentes na Feira.

Esperámosvos!

Página anterior

Coordinadora Galega de ONG para o Deselvolvemento
Rúa dos Basquiños, 33 1º A, Santiago de Compostela | Tlf: 981585189 | sensibilizacion@galiciasolidaria.org

Reconocimiento - CompartirIgual (by-sa)

Os contidos de esta web están baixo unha licenza Creative Commons se non se indica o contrario