logo

AXENDA SOLIDARIA


Charla "Feminismos en Centroamérica: da loita individual das mulleres aos movementos organizados"

16/03/2018 - 16/03/2018

A Coordinadora Galega de Ongd e a Marcha Mundial Mulleres Galiza organizamos este venres, 16 de marzo, en Vigo, a charla "Feminismos en Centroamérica: da loita individual das mulleres aos movementos organizados". Para iso contaremos coa experiencia de loita e de vida da activista feminista Haydee Castillo, actual directora do Instituto de Liderazgo de Las Segovias (Nicaragua) e coordinadora rexional do Foro de las Mujeres para la Integración Centroamericana.

Hayd´´e Castillo xa estivo o ano pasado en Galicia falando sobre a realidade das mulleres en Nicaragua e o resto de Centroamérica e sobre como o feminismo organizado está a loitar para recoñecemento de dereitos tan básicos como o aborto.

A charla será ás 19 horas no local da cooperativa de consumo consciente Árbore.

Página anterior

Coordinadora Galega de ONG para o Deselvolvemento
Rúa dos Basquiños, 33 1º A, Santiago de Compostela | Tlf: 981585189 | sensibilizacion@galiciasolidaria.org

Reconocimiento - CompartirIgual (by-sa)

Os contidos de esta web están baixo unha licenza Creative Commons se non se indica o contrario