logo

AXENDA SOLIDARIA


Aberta a inscrición do obradoiro "Lectura de etiquetas" (CIAC)

27/10/2017 - 17/11/2017

O Centro de Interpretación Ambiental de Compostela (CIAC) organiza o sábado 18 de novembro, ás 11:30h, un obradoiro de “Lectura de etiquetas”.

En ocasións cando facemos a compra non sabemos entender moi ben o que aparece nas etiquetas dos produtos. Este obradoiro clarificará o seu significado e aportará información precisa sobre selos, certificados e aditivos (E-).
Tamén se aportará información sobre os circuítos de comercialización curta en Galicia e as experiencias que os soportan como alternativas de baixo impacto ambiental e alto valor social e ecolóxico. O obradoiro é de balde pero é preciso inscribirse>>>

Página anterior

Coordinadora Galega de ONG para o Deselvolvemento
Rúa dos Basquiños, 33 1º A, Santiago de Compostela | Tlf: 981585189 | sensibilizacion@galiciasolidaria.org

Reconocimiento - CompartirIgual (by-sa)

Os contidos de esta web están baixo unha licenza Creative Commons se non se indica o contrario