logo

AXENDA SOLIDARIA


Aberta a convocatoria dos Premios EU-LAC 2017 para Xornalismo e Iniciativas Cidadás

31/07/2017 - 15/08/2017

Abriuse a segunda edición dos Premios EU-LAC. Os premios son organizados cada dous anos pola Fundación EU-LAC e teñen como obxectivo promover a visibilidade, o coñecemento mutuo de modelos de boas prácticas e innovación entre Europa, América Latina e o Caribe. Para esta edición, os premios consisten en dúas categorías principais: Novos Xornalistas e Iniciativas Cidadás. As solicitudes deben presentarse en liña utilizando o formulario web para cada categoría que se atopa na páxina web dos Premios ata o 15 de agosto de 2017.

Os Premios EU-LAC fomentan a participación da cidadanía e institucións que se centran na relevancia significativa da relación birrexional entre a Unión Europea e os países de América Latina e o Caribe.

O Premio de Nov@s Xornalistas será atribuído a 2 xornalistas ou aspirantes a xornalistas, entre os 20 e os 32 anos, cun estilo de redacción creativo e con boas habilidades analíticas. Bloggers e usuari@s das redes sociais tamén poden participar. Para esta categoría, os premios consisten na publicación do seu artigo pola Fundación EU-LAC e nun medio de comunicación europeo- Deutsche Welle- e posiblemente nun medio latinoamericano e/ou caribeño.

A categoría de Iniciativa Cidadá recoñecerá proxectos que promovan a transformación social e o desenvolvemento. Os proxectos nomeados serán aplicables aos contextos das distintas rexións, a fin de promover e fomentar a cooperación entre as sociedades de Europa, América Latina e o Caribe. O premio para a candidatura gañadora consistirá nunha contribución financeira de 12.000 euros para financiar material para continuar implementando e desenvolvendo o proxecto.

A data límite de inscrición é o 15 de agosto de 2017 e os gañadores serán notificados en setembro de 2017. A cerimonia de entrega de premios celebrarase no marco do Cume CELAC-UE, en outubro de 2017 no Salvador.

Neste enlace>>> atoparedes toda a información.

Página anterior

E-BOLETíN

ACTIVIDADES DA SEMANA

BIBLIOTECA

Biblioteca da Coordinadora Biblioteca Documentos on line Documentos

 

FORMAMOS PARTE DE

Solidaria


Fiare


coop57 galicia


pobreza cero


coordinadora


QUIEN DEBEA QUIEN





Coordinadora Galega de ONG para o Deselvolvemento
Rúa dos Basquiños, 33 1º A, Santiago de Compostela | Tlf: 981585189 | sensibilizacion@galiciasolidaria.org

Reconocimiento - CompartirIgual (by-sa)

Os contidos de esta web están baixo unha licenza Creative Commons se non se indica o contrario