logo

AXENDA SOLIDARIA


Crónicas de Siria. Contos da literatura siria contemporánea

10/03/2017 - 29/03/2017

Médicos do Mundo Galicia, xunto ao concello de Santiago, organiza este mes de marzo Crónicas de Siria, un ciclo de relato breve e música no que se darán a coñecer contos da literatura siria contemporánea. As sesións están deseñadas por Pepe Sendón, quen tamén se ocupa da selección, tradución e lectura dos relatos.

Crónicas de Siria quere ser unha forma de achegarlle á veciñanza de Compostela a situación do país a través de relatos e textos de autores e autoras sirios que serán interpretados musicalmente por Pepe Sendón e á guitarra de Marcos Teira. Os mércores e venres do mes de marzo, ás 19 horas, achegarán estas historias a catro centros socioculturais de Santiago.

O programa comeza o venres 10 de marzo no CSC das Fontiñas, continuará o mércores 15 no CSC do Ensanche, a seguinte sesión será no CSC de Vite o venres 24 e a última o mércores 29 no CSC do Castiñeiriño.

Página anterior

Coordinadora Galega de ONG para o Deselvolvemento
Rúa dos Basquiños, 33 1º A, Santiago de Compostela | Tlf: 981585189 | sensibilizacion@galiciasolidaria.org

Reconocimiento - CompartirIgual (by-sa)

Os contidos de esta web están baixo unha licenza Creative Commons se non se indica o contrario