Coordinadora Galega de ONG para o Desenvolvemento

  • En linea 2 convidado(s) en liña agora
  • Visitas Hoxe: 3030 accesos
  • Visitas Total: 3541012 accesos
  • Feed RSS 2.0 | ATOM 0.3

Suscrición ao boletín

Nome: Correo:


FORMAMOS PARTE DE

  • Asina a «X Solidaria» na túa declaración da Renta
  • Fiare
  • Coop 57
  • Pobreza Cero
  • Coordinadora de ONGD - España
  • Quien debe a Quien

RECOMENDAMOS

  • Tempo Exterior
14MAI

Curso de comunicación dixital e participación nas ONGD

A Coordinadora Galega de ONGD organiza un curso de «Comunicación dixital e participación nas ONGD», unha formación semi presencial que contará cunha clase práctica que terá lugar o venres, 8 de xuño, en Santiago de Compostela,  en horario de tarde e mañá.

O obxectivo da formación é que as persoas vinculadas ás ONGD adquiran capacidades para usar as ferramentas tecnolóxicas para a comunicación (redes sociais, servizos online, aplicacións móbiles...) e coñezan as claves para construír e manter viva a identidade dixital das ONGD.

Neste enlace>> atoparedes toda a información relacionada co curso e o contacto para poder matricularvos.

 
08MAI

Comercio Xusto en Galicia: Xusto ao teu carón!

Este sábado día 12 celébrase o Día mundial do comercio xusto en 5 cidades galegas

Por primeira vez, as ONGD da Comisión de Comercio Xusto da Coordinadora organizan unha xornada na que tamén participarán cooperativas de produtores/as, de consumo responsable e de banca ética

O 12 de maio celébrase o Día do Comercio Xusto en Galicia, unha xornada lúdica e festiva protagonizada polas ONGD que forman parte da Comisión de Comercio Xusto da Coordinadora Galega de ONG para o Desenvolvemento (CGONGD), por cooperativas de produción ecolóxicas, cooperativas de consumo responsable, banca ética, etc.

Por primeira vez, este ano as actividades do Día mundial do Comercio Xusto contarán coa participación activa de colectivos e entidades non vinculados á cooperación ao desenvolvemento que tamén traballan en termos de consumo responsable, xusto, sustentábel e respectuoso coas persoas, as culturas e o medio ambiente. O obxectivo: amosar á cidadanía que hoxe existen alternativas de consumo reais en Galicia que non entenden de intermediarios/as e que son ecolóxicas e de tempada. 

Este ano as actividades levaranse a cabo en seis cidades (A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago de Compostela  e Vilagarcía) e contarán coas participación de seis ONGD integradas na Comisión de Comercio Xusto: A Cova da Terra, Intermón Oxfam, Labañou Solidaria, Panxea, Solidariedade Internacional e Taller de Solidariedade.

Ao longo de todo o día poñeranse á venda produtos de alimentación, cosmética, artesanía e roupa de Comercio Xusto. Tamén haberá produtos frescos e ecolóxicos locais, exposición e venda de produtos, mercadiño de troco, actividades para nenos e nenas, espazo para o encontro, charlas e coloquios...


A Coruña: Feira de Consumo Alternativo       

LugarPraza de Pontevedra

Horario: 11:00 a 20:00 horas

Participantes:  Intermón Oxfam, Labañou SolidariaSolidariedade Internacional, Cooperativa de Consumo Responsable Zocamiñoca,  Fiare Banca Ética, Cooperativa de produtoras Millo e Landras, Cooperativa de produtoras Horta do Sacho, Cooperativa de produtoras Val del Barcia

Lugo. Mercado Popular na praza maior          

Lugar: Praza do Concello

Horario: 12:00 a 20:00 horas

Participantes: Coordina A Cova da Terra. Na Feira haberá máis de 40 postos de venda de produtos do Comercio Xusto, produtos locais, artesanía e degustación, un mercado de troco e outro con información sobre banca ética e alternativa.

Ourense 

Lugar: Rúa do Paseo

Horario: 11:00 a 20:00 horas

Participantes: Solidariedade Internacional,  Taller de Solidariedade

Pontevedra     

Lugar: Praza de Ourense

Horario: 11:00 a 20:00 horas

Participantes: Solidariedade Internacional

Santiago de Compostela.  Almorzo do Día Mundial do Comercio Xusto

Lugar: sede Panxea (Rúa da Rosa, 36)

Horario: de 11h a 12 horas

Participantes: PANXEA

Vilagarcía de Arousa 

Lugar: Praza de Galicia

Horario: 10:00 a 14:00 horas

Participantes: Solidariedade Internacional

 
07MAI

Na declaración da renda, marca o recadro de fins sociais!

A X-Solidaria non ten ningún custe para as persoas contribuíntes e permite financiar programas sociais e de cooperación ao desenvolvemento

Representantes de Organizacións non Lucrativas Galegas presentamos o venres, día 4 de maio, a Campaña X SOLIDARIA que cada ano leva a cabo o sector solidario para concienciar ás persoas contribuíntes sobre a necesidade de marcar o cadro de Fins Sociais na declaración da renda e contribuír así, co 0,7% da súa cota íntegra, a programas dirixidos aos colectivos máis desfavorecidos.Marcar o recadro de fins sociais non ten ningún custo económico para as persoas contribuíntes.

Na situación actual, esta Camapaña ten aínda maior relevancia. Os recortes en programas e servizos de acción social poñen en perigo a cohesión social e o benestar da poboación en situación de pobreza e exclusión, cada vez máis numerosa como consecuencia dos recortes nos servizos públicos. 

O ano pasado,  recadáronse en Galicia a través da cadro Fins Sociais 13,6 millóns de euros. Unha cifra importante pero que tería sido moito maior se todos os galegos e galegas que fixeron a declaración da renda marcaran o recadro de fins sociais, xa que os cartosdestinados aos proxectos para as persoas máis desfavorecidas incrementaría en 12 millóns de euros e a cantidade final destinada sería de 25,8 millóns de euros.

Grazas ao 0,7% do recadro Fins Sociais, no Estado español hai máis de 5.000.000 persoas beneficiarias dos programas sociais que se desenvolven a través do recadado. Os colectivos aos que van destinados estes programas son a infancia, a mocidade, as mulleres, as persoas maiores, con discapacidade, con drogodependencia, persoas que convidven co VIH / SIDA, o pobo xitano, persoas reclusas e ex reclusas, migrantes e persoas beneficiarias de proxectos de cooperación ao desenvolvemento.

O 78% do 0,7 % se distribúe entre entidades de carácter social, vía convocatoria de subvencións, para atender as persoas máis vulnerables. En 2011 se desenvolveron 1.083 proxectos sociais, levados a cabo por 410 ONG en todo o Estado español.  O outro 19% vai dirixido a proxectos de cooperación ao desenvolvemento en países empobrecidos ou en situación de emerxencia. Estes cartos tamén se vehiculan a través de convocatorias de proxectos xestionados pola Axencia Española de Cooperación ao Desenvolvemento (AECID). Por último, un 3%, destínase ao desenvolvemento de programas medioambientais.

Marcar o recadro de fins sociais non é incompatible con marcar o cadro da igrexa católica.

 
30ABR

Mundo Cooperante intégrase na Coordinadora Galega de ONGD

Santiago de Compostela, 30 de abril. Mundo Cooperante forma parte dende o sábado pasado da lista de ONGD integradas na Coordinadora Galega de ONG para o Desenvolvemento (CGONGD). Tal e como estaba previsto na orde do día da Asemblea Xeral Ordinaria da CGONGD celebrada en Santiago de Compostela o pasado sábado 28 de abril, a ONGD aspirante presentou a súa candidatura diante das persoas representantes das organizacións que acudiron á xuntanza. Despois dun breve debate e da votación pertinente, procedeuse ao reconto das papeletas e comunicóuselle a delegada da entidade que a Asemblea Xeral, o máximo órgano de representación das ONGD, daba luz verde a súa incorporación.

A Asemblea Xeral celebrouse na Fundación Caixa Galicia e foi conducida pola presidenta da Coordinadora, Gema Filgueira, a Tesoureira, Laura del Río, e o vogal Emanuele Lini. 

Durante o desenvolvemento da Asemblea Xeral quedou patente a preocupación das organizacións  polo contexto actual e debateuse, entre outros aspectos, a necesidade de atopar vías de financiamento alternativas ás dos fondos públicos para conseguir unha cooperación ao desenvolvemento eficaz así como a necesidade de mobilizar a cidadanía para que esixa os seus dereitos.

Durante a Asemblea Xeral aprobouse tamén o informe de xestión da directiva,  a liquidación orzamentario do 2011 e o orzamento para o 2012. Ademais as Comisións de traballo da CGONGD presentaron as actividades levadas a cabo ata agora e as futuras liñas estratéxicas. Actualmente, e despois das baixas por petición propia de Cáritas de Santiago e Cruz Vermella, son 47 as ONGD integradas.

 
maio 2012
L M M X V S D
1 2 3 4 5 6
7 8 9 10 11 12 13
14 15 16 17 18 19 20
21 22 23 24 25 26 27
28 29 30 31

Mapa de Proxectos

Galería de Fotos

ir ó principio© 2007-2009 Coordinadora Galega de ONG para o Desenvolvemento
Santiago de Compostela. Galicia. España - Todos os dereitos reservados.